Skip to main content
As Nogais

As Nogais contrata persoal de limpeza para as piscinas municipais

Por 1 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello das Nogais vén de publicar as bases que rexerán o procedemento de selección para a contratación dun traballador, con carácter temporal, para a limpeza das piscinas municipais.

O proceso de selección será o concurso-oposición e o réxime xurídico da relación será de carácter laboral temporal, en réxime de dedicación a tempo parcial, 70% da xornada completa.

Aquelas persoas interesadas en participar neste proceso selectivo deberán presentar a correspondente instancia, dirixida ao Alcalde do Concello das Nogais, no prazo de cinco (5) días contados desde hoxe mesmo, día da publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Lugo. As instancias deberán axustarse ao modelo oficial que figura como Anexo I das bases e que estará a disposición das persoas interesadas no Rexistro Xeral do Concello e na páxina web (https://concelloasnogais.es), onde se incluirá que o solicitante reúne todos e cada un dos requisitos enumerados nas presentes bases.

A selección realizarase mediante o sistema de concurso-oposición, consistindo a primeira fase no concurso, no que se valorarán os méritos alegados, e posteriormente a fase de oposición, que consistirá na realización dunha proba teórica relacionada coas tarefas de desenvolver.