Skip to main content
Palas de Rei

Palas de Rei indígnase ante a supresión da parada de bus da localidade

Por 2 Xuño, 2022Sin comentarios

O Goberno Local de Palas de Rei amosou a súa indignación ante o Plan do Goberno do Estado de deixar sen parada de bus a 23 concellos do rural galego, entre elas a da localidade palense.

Segundo indican dende o Concello, esa parada non só xunta a centos de veciños e estudantes, senón que tamén presta servizo a camiñantes que a utilizan para desprazarse a diferentes puntos xeográficos ao longo de todo o día.

“Con este Plan do Goberno Central, a parada ve ameazada a súa supervivencia”, explica o executivo local. O alcalde, Pablo Taboada, está xa a contactar co resto de concellos afectados por esta medida estatal. Na súa opinión, “de nada serve” que os concellos traballen polo rural “se dende o Goberno do Estado elimínanse continuamente servizos básicos e necesarios”.

Tras coñecer o Anteproxecto de Lei de Mobilidade Sostible, o Concello de Palas presentou as correspondentes alegacións por consideralo “moi negativo” para os múltiples usuarios desta parada. Asemade, remitiron xa unha carta a Ministra de Transportes solicitándolle cambios sustanciais na redacción deste anteproxecto.

“Non podemos permitir que se nos recorte un servizo tan necesario como este, polo que non vamos a parar coas nosas reclamacións, ante o que consideramos como un atentado contra os concellos rurais e do interior Galicia por parte do Goberno Central”, explican.