Skip to main content
Palas de Rei

Grandes festas en Merlán, Palas de Rei

Por 3 Xuño, 2022Xuño 21st, 2023Sin comentarios

Merlán está en festas. A parroquia de Palas de Rei celebra esta fin de semana as súas festividades na honra de Santa Petronila.

Así, este sábado, 4 de xuño, Merlán celebrará a misa solemne ás 13.00 horas, dando lugar despois á sesión vermú a cargo da orquestra Galaxia quen tamén amenizará a verbena xunto ao Dj David Expósito.

O domingo, repetirase a misa solemne ás 13.00 horas e a sesión vermú e a verbena, a partir das 19.00 horas, irán a cargo da orquestra Miramar.