Skip to main content
Palas de Rei

Palas licita as obras de mellora en vías de núcleos de poboación

Por 22 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello de Palas de Rei vén de licitar varias obras de aglomerado en diferentes núcleos de poboación. Concretamente as actuacións terán lugar nos núcleos de Santaballa- Campomaior, Coence, Curbian e Carballal. Asemade, o Concello acometerá a pavimentación en Luxilde, A Hermida e a Lameira.

O Concello, tamén sacará a licitación obras de aglomerado na Avieira e en dúas rúa do casco urbano.

O alcalde da localidade, Pablo Taboada, manifesta que “o Concello solicitará de novo a Deputación Provincial o arranxo e aglomerado da zona do Agro do Rolo ó ser está unha vía provincial, así como, a reparación doutras en Marzá, Gontá, Santo Xusto, A Ulloa e o Coto…”.

Taboada, destacou que “dende o Concello se está a facer un gran esforzó no mantemento das vías municipais e solicita que dende a Deputación de Lugo se faga o mesmo e se acondicionen as da súa titularidade nos lugares reseñados (Marzá, Alba, Gonta, Santo Xusto, A Ulloa, O Coto, San Miguel e Pidre)”.