Skip to main content
Palas de Rei

O Centro de Conservación de Estradas de Palas, aberto á cidadanía

Por 25 Xuño, 2022Sin comentarios

O Centro de Conservación Integral de Estradas de Palas de Rei abre as súas portas á cidadanía o vindeiro 29 de xuño. Así o anunciou a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, que explicou que este evento faise con motivo da Semana da Administración Aberta 2022.

Este é un dos actos que organiza en toda España o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana dentro da Semana da Administración Aberta, que terá lugar entre o 27 de xuño e o 1 de xullo e que ten marcado como obxectivo achegar as Administracións Públicas á cidadanía.

O Centro de Conservación Integral de Palas de Rei xestiona o sector de conservación LU-03 da rede de estradas do Estado, que comprende as seguintes vías: A-54 do p.k. 0+000 ao 38+000, LU-12 do p.k. 0+000 ao 3+900, A-56 do p.k.40+600 ao 49+100, N-120 do p.k.472+800 ao 548+800, N-540 do p.k.0+000 ao 68+900, N-540a, N-547 do p.k. 18+600 ao 42+640, N-640 do p.k. 122+100 ao 144+200.

Os cidadáns que estean interesados en participar na visita deben inscribirse na web do Ministerio, onde tamén atoparán máis información sobre as actividades programadas con motivo da Semana de Administración Aberta 2022, na seguinte ligazón: https://www.mitma.es/el-ministerio/campanas-de-publicidad-acciones-de-comunicacion-y-otros-eventos/semana-de-la-administracion-abierta-2022