Skip to main content
Pedrafita

Pedrafita vístese de festa polo San Antón

Por 11 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello de Pedrafita do Cebreiro celebra este luns as súas festividades locais na honra de San Antón. Así, este luns, día 13, dende as 13.00 horas, Pedrafita vestirase de festa.

Logo da tradicional misa solemne, a agrupación músico-vogal Xeada amenizará a procesión. Máis tarde, na sesión vermú e pola tarde tocará o Dúo Elixir.

Dende o Goberno local, lembran, asemade, que o luns será festivo no municipio.