Skip to main content
Portomarín

Aberto o prazo de inscrición para os campamentos de Portomarín

Por 4 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello de Portomarín ten aberto o prazo para inscribir aos nenos no campamento de verán Portomarín Concilia. Así, todos os nenos de entre 3 e 12 anos, preferentemente empadroados ou matriculados no CEIP Virxe da Luz, poderán participar nestes campamentos.

As actividades realizaranse en 5 quendas ao longo do verán. Cada quenda conta con 45 prazas e os interesados poden inscribir aos seus fillos nunha, en dúas ou en todas elas.

A presentación das solicitudes pódese facer xa e ata o día 13 de xuño a través da sede electrónica municipal ou presencialmente na oficina de rexistro do Concellou ou en calquer outro rexistro administrativo.

O prezo xeral será de 40 euros por quenda, malia que o Concello ten previsto subvencionar o campamento a familias de especial consideración. As bases de participación e subvención así como a información para a inscrición pódense atopar na páxina web municipal.