Skip to main content
Portomarín

Portomarín organiza un campus multideporte para o mes de xullo

Por 24 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello de Portomarín organiza para este mes de xullo un Campus Multideporte gratuíto. Así, os mozos empadroados na localidade que teñan entre 13 e 16 anos de idade poderán ocupar as súas mañás de entre semana, entre as 10 e as 14 horas dende o 4 ata o 29 de xullo.

As inscricións abren este luns, 27 de xuño e permanecerán abertas ata o xoves día 30. Toda a información nas redes sociais do concello así como na súa páxina web.  As actividades terán lugar na Casa da Cultura.