Skip to main content
Ribeira de Piquín

Rilo&Penadique reinvindicarán mañá o rol da muller en Ribeira de Piquín

Por 6 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello de Ribeira de Piquín organiza para mañá, martes 7 de xuño, unha actividade lúdica de teatro. A obra, que correrá a cargo do grupo Rilo&Penadique, terá lugar nas instalacións do Centro de Día da localidade.

Baixo o título Lavandeiras o espectáculo teatral reivindicará o papel das mulleres ao longo da historia. Esta actividade é gratuíta pero, para acudir, é preciso poñerse en contacto coa traballadora social do Concello, no teléfono 982 333 743.

A actividade enmárcase dentro do Panto de Estado contra a violencia de xénero.

LAVANDEIRAS

A obra de Rilo & Penadique recolle o patrimonio oral das lendas e historias que contaban as mulleres que lavaban a roupa ao carón dos ríos galegos. Contan entre outras, as historias do traballo colectivo das lavandeiras de Redondela na Illa de San Simón, durante a guerra ou de Manuela Lores.

A compañía nace do 2017 polo amor das súas compoñentes pola literatura e a palabra. Fusionan o mundo da infancia coa palabra e a música dando lugar a espectáculos de narración oral para bebés, rapazada e público familiar.