Skip to main content
Bóveda

Os Bolechas visitan o Concello de Bóveda

Por 30 Xuño, 2022Xullo 1st, 2022Sin comentarios

O Concello de Bóveda festexa este 30 de xuño unha xornada en igualdade co espectáculo Os bolechas e o Cavernícola no que toda a familia de monicreques visitará o Centro Sociocultural de Bóveda ás 12.00 horas.

Trátase dun espectáculo interactivo, polo que se requerirá a participación do público asistente. Por conseguinte, o Concello de Bóveda convida a todos os nenos e nenas e ás súas familias a asistir a este espectáculo.

Despois da xornada de igualdade, o Concello  fará entrega dos premios do II concurso de poesía en homenaxe a Florencio Delgado.