Skip to main content
Carballedo

All Star 2022 festexarase na Barrela, en Carballedo, o 25 de xuño

Por 20 Xuño, 2022Xuño 23rd, 2022Sin comentarios

O campo de fútbol Catro Ventos, en A Barrela, acollerá esta xuntanza o vindeiro día 25 de xuño.

O próximo 25 de xuño, o campo de fútbol Catro Ventos en A Barrela, Carballedo, reunirá diversos eventos deportivos co gallo de festexar esta edición de All Star 2022.

Sobre as 11.30 da mañá, está previsto que disputen un partido a Selección Feminina Norte fronte á Selección Feminina Sur. Xa na xornada da tarde, ás 17.00 horas, celebraranse unha serie de concursos e dúas horas despois, ao redor das 19.00 horas, a selección 1ª e 2ª AUT. enfrontarase á Selección Preferente e 3ª AUT.