Skip to main content
Chantada

Mañá arrancan en Chantada os Concertos do Camiño Musical

As citas musicais están fixadas para o 11, 12, 15, 18 e 19 de xuño.

Os alumnos da Casa da Música de Chantada estrearan mañá os concertos do Camiño Musical.  Ás 12.00 horas, será a quenda da Banda Xuvenil na Alameda. No mesmo lugar, ao redor das 12.30, actuará un cuarteto de saxos. Xa na xornada da tarde, haberá no Camiño de Inverno a posibilidade de gozar da Batukada Os Chaiñas e media hora despois. na Praza de España, será o turno do combo folk e dos combos da Música Moderna da Casa da Música. A sesión da noite, estará amenizada por “Nácaruh”.

O domingo, día 12 de xuño,  no Auditorio Municipal, haberá das 19.30 ata aproximadamente as 21.00 horas, concertos de acordeón, ballet e danza moderna, así como tamén de piano.

As xornadas continuarán o 15, 18 e 19 de xuño con interpretacións como a da Big Band da Casa da Música.