Skip to main content
AlfozChantadaComarca AMARIÑAXAMondoñedo

O Festival Atlántica recalará en varios concellos da provincia

Por 27 Xuño, 2022Xuño 30th, 2022Sin comentarios

O Festival Atlántica vén de anunciar o seu programa completo da súa décima edición, que se vai celebrar entre o 30 de xuño e o 9 de xullo.

Entre os escenarios de Atlántica na provincia de Lugo figurarán, o Castelo de Castrodouro en Alfoz, as casas das árbores en Chantada e no Auditorio de Mondoñedo ou a parroquia mindoniense de Alfaz.

O festival, que celebra dez anos ininterrompidos de actividade malia a pandemia, vaise desenvolver de novo no verán, con boa parte dos espectáculos ao aire libre e en espazos de gran valor patrimonial.

Ao longo destes días xuntaranse en Atlántica artistas internacionais como Carolina Rueda (Colombia), Vitoria Siedlecki (Arxentina), Claudia Fonseca (Brasil), Sofia Maul (Portugal), Vítor Fernandes (Portugal) ou Estefânia Surreira (Portugal), pero non faltarán voces nacionais como as de Virginia Imaz (País Vasco), Félix Albo (Valencia) ou José Luis Guiérrez ‘Guti’ (Zamora). O programa complétase cunha nutrida nómina de contadores galegos en consonancia co arraigamento que a tradición oral ten no país: Quico Cadaval, Celso Fernández Sanmartín, Paula Carballeira, Santi Prego, Avelino González, Lois Pérez ou María da Pontragha, son algúns dos participantes da décima edición.

PROGRAMA

O sábado 2 de xullo chega ao Castelo de Castrodouro en Alfoz ás 20.30 horas, O teatro máis pequeno do mundo a cargo de Santi Prego e Jorge de Arcos. O seguinte sábado, 9 de xullo, Rilo & Penadique tamén levarán a súa obra Lavandeiras á mesma hora ao Castelo.

A actividade en Mondoñedo comezará este domingo, 3 de xullo cando Lois Pérez comparta co público adulto as historias do seu espectáculo Contaba morrer. A función comezarás ás 21.30 horas nos xardíns da casa modernista Santa Emilia. Uns días máis tarde, o 9 de xullo, Felipe Díaz ‘Caxoto’ estará cos seus Contos a pé de rúa’ para toda a familia en Alfar dos Muíños, tamén no concello mindoniense e a partir das 20.30 horas.

Tamén chegará á parroquia chantadina de Mariz, o sábado 2 de xullo, coa obra Contos na casa da árbore de Anxo Moure. Será ás 18.30 horas e está dirixido a nenos e adultos.