Skip to main content
Folgoso do Courel

O Courel acolle unha xornada formativa sobre a plantación de castiñeiros

Será este 17 de xuño, de 10.00 horas ás 14.00 da tarde, na Casa do Concello de Folgoso do Courel.

O encontro aconterá este 17 de xuño, en horario de 10.00 a 14.00 horas, nunha  xornada formativa sobre ‘Planificación para plantación de castiñeiros’.
Terá lugar na Casa do Concello de Folgoso do Courel. Calquera interesado pode  anotarse chamando ao teléfono 982433001. A xornada será impartida polo Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós. Asemade, conta co apoio do Concello de Folgoso do Courel, Agacal (Axencia Galega de Calidade Alimentaria) e da Xunta de Galicia.