Skip to main content
Monforte

A unidade móbil de información para refuxiados ucraínos chegou a Monforte

Por 7 Xuño, 2022Xuño 8th, 2022Sin comentarios

Permanecerá toda esta semana na praza da Compañía e brindará información, asesoramento e axuda naqueles trámites precisos para os refuxiados.

A unidade móbil de información para refuxiados ucraínos detívose este luns en Monforte logo de percorrer diversas cidades galegas. O seu fin é dar asesoramento e axuda aos ucraínos situados nas sete cidades e nas localidades que acollen un maior número de refuxiados.

En concreto, a unidade móbil estará situada ao longo de toda a semana na praza da Compañía. Entre os seus membros, contará cunha intérprete e unha traballadora social que ofrecerán asesoramento sobre todos os trámites que deben realizar os refuxiados, os servizos que teñen á súa disposición, ou de que xeito poden acceder á condición de protección temporal.

Ademais, todos eles poderán consultar información sobre como obter a documentación sanitaria que lle permita acceder ao sistema público de saúde, ou como escolarizar aos seus fillos nun dos centros da comunidade.

Coa intención de facilitar todo isto, creouse a páxina web ucraina.cruzvermella.gal, onde se pode revisar información e a localización actualizada desta oficina itinerante. Tamén se pode chamar ao teléfono e whatsapp 604 044 018.