Skip to main content
Monforte

José Tomé presidiu os actos na honra de San Antonio

Por 14 Xuño, 2022Xuño 16th, 2022Sin comentarios

Onte, no día de San Antonio, en Monforte celebráronse actos  que encabezou o alcalde José Tomé.

A comitiva institucional, presidida polo Alcalde, José Tomé Roca, así como diversos membros do Equipo de Goberno, partiu da Casa do Concello para asistir, ás 12.30 horas, á misa na honra de San Antonio.Tras a celebración eucarística, tal e como marca a tradición, tivo lugar unha procesión coa imaxe polas rúas próximas á igrexa. 

“O San Antonio mantén a esencia dunha festa relixiosa popular que ten moita devoción e moitos participantes”, manifestou o rexedor monfortino. Deste xeito, tamén aproveitou para engadir: “Para a cidade de Monforte creo que é moi importante que se vaian recuperando as actividades que desenvolvíamos con normalidade antes da pandemia”.