Skip to main content
Monforte

Tomé informa de que volven estar abertas ao público as pistas de atletismo da Pinguela

Dende as 15.00 horas de hoxe, luns 20 de xuño, as pistas de atletismo Saleta Fernández López, volverán a abrir unha vez rematada a primeira fase das obras de renovación do terreo de xogo do Campo Municipal de Fútbol da Pinguela.

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ben de informar que hoxe luns 20 de xuño abrirán novamente ó público as pistas de atletismo Saleta Fernández López, a partir das 15.00 horas, unha vez que a empresa encargada das obras de renovación do terreo de xogo do Campo Municipal de Fútbol da Pinguela rematara a primeira fase das mesmas durante a pasada fin de semana.

Durante esta primeira fase das obras, que obrigou ao peche das pistas de atletismo debido á utilización de maquinaria pesada para levalas a cabo, realizouse a retirada da cuberta vexetal existente así como a descompactación do terreo de xogo.

Posteriormente, a empresa encargada das obras levou a cabo o subministro de área silicea e procedeu ó sementado de toda a superficie do terreo de xogo cunha fórmula específica para campos de fútbol.

 A empresa encargada de realizar a obras foi Calfensa Proyectos S.L e contou cun presuposto de 48.309,25 euros.

“Rematada a primeira fase das obras”, explicou José Tomé Roca, “que concluíu co sementado do novo céspede, a empresa encargada de realizar os traballos levará a cabo o control da evolución do nacemento de dito céspede aplicando os tratamentos e abonados necesarios ata que o terreo de xogo estea listo para poder acoller partidos de competición”.