Skip to main content
Monforte

Monforte abre o prazo de solicitude de instalacións deportivas para a nova tempada

Por 22 Xuño, 2022Xuño 24th, 2022Sin comentarios

Dende este mércores 22 de xuño e ata o 6 de xullo de 2022, todas as entidades deportivas e clubs de Monforte poderán solicitar o uso de instalacións deportivas municipais durante a tempada 2022-2023. 

O Concello informa que dende hoxe martes 21 de xuño todas as entidades deportivas e clubs de Monforte poderán cursar a súa petición para solicitar o uso de instalacións deportivas municipais durante a tempada 2022-2023.

En particular poderán presentar solicitude: Asociacións deportivas escolares ou centros educativos que participen en programas de deporte escolar durante a tempada 2022-2023, clubs, entidades deportivas e asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, que se atopen nalgún tipo de competición deportiva durante a nova tempada organizada por algunha das Federacións Deportivas Galegas ou Españolas.

Tamén o poderán facer os clubs, entidades deportivas e asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, que establezan algunha actividade non oficial dirixida á promoción do deporte e a actividade física e recreativa entre os cidadáns durante a tempada 2022-2023.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez  días contados dende o día seguinte á publicación da convocatoria na páxina web do Concello, sendo o derradeiro día para a presentación o 6 de xullo de 2022.

Todos os clubs interesados na solicitude de instalacións deportivas para a tempada deberán presentar a documentación requirida nas bases da convocatoria dentro dos prazos establecidos.

Tanto as bases da convocatoria como o uso das instalacións deportivas está regulado polo Regulamento de uso, reserva e aluguer de Instalacións Deportivas Municipais do Concello de Monforte que foi publicado no BOP Nº 190 do xoves 20 de agosto de 2020.