Skip to main content
Monforte

O Concello de Monforte festexa o Día Internacional do Orgullo LGTBI

Por 28 Xuño, 2022Xuño 30th, 2022Sin comentarios

O Concello de Monforte apoia este 28 de xuño os actos de celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI.

Co gallo de festexar este día colocaron no balcón da Casa Consistorial a bandeira arco iris, símbolo da comunidade LGTBI.

O alcalde, José Tomé Roca, brindou, en nome de todos os veciños e veciñas de Monforte “o noso apoio institucional e social a esta celebración do Día do Orgullo LGTBI+, co obxectivo de facer visible á nosa sociedade a diversidade sexual, á vez que promovemos a igualdade, liberdade e o respecto de todas as persoas”.

Cómpre lembrar que xa no día anterior, o 27 de xuño, na sesión ordinaria da Corporación Municipal de Monforte, aprobouse por unanimidade unha declaración institucional con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBI, declaración que foi lida polo Alcalde no pleno celebrado pola tarde.