Skip to main content
Pantón

Carlos Rodríguez Dacal presentará o seu libro este venres en Pantón

Ás 19.30 horas está prevista a presentación desta nova publicación de Rodríguez Dacal.

O Xardín do Mosteiro Cisterciense de Ferreira acollerá a presentación do libro: El ciprés del monasteiro del Divino Salvador de Ferreira de Pantón. Carlos Rodríguez Dacal, doutor en Bioloxía e botánico, é o autor desta obra. O acto englóbase dentro das XXXIII Xornadas do Románico de Pantón. 

A vindeira cita desta xornadas acontecerá o 17 de xuño ás 20.00 horas coa conferencia “Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra. Descubre como salvalos”. Correrá a cargo de Vicente Feijoo Ares, coordinador do Seminario de Toponímia da RAG, e impartirase no Salón de actos da Casa da Cultura de Ferreira. Tamén hai encontros programados para o 24 e 26 de xuño.