Skip to main content
A Pobra do Brollón

O primeiro Mercado Circular festexarase mañá na Pobra do Brollón

Por 10 Xuño, 2022Xuño 14th, 2022Sin comentarios

O Mercado Circular é un proxecto novo que parte do Concello da Pobra do Brollón “para apoiar a economía local, xusta e sostible”.

O Mercado Circular da Pobra de Brollón ponse en marcha en xuño, cadrando coas dúas feiras do 11 e do 25, que este mes caen en sábado.

O primeiro encontro é este sábado, de 11.00 a 14.00 horas. Os postos montaranse na praza da Rúa da Peza, no centro da Pobra do Brollón. Haberá á venda dos consumidores produtos variados como “froita e verdura local, conservas, mel, viño e tamén artesanía e antigüidades”. 

 

O Mercado Circular estará amenizado ao longo da mañá polo grupo de folk “A Cadela Asasina.” Ademais, ao ser día de feira, haberá postos de polbo así como os usuais postos de roupa e alimentación.