Skip to main content
A Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón gozou de tres días de festa

Por 19 Xuño, 2022Xuño 20th, 2022Sin comentarios

A Pobra de Brollón celebrou este 17, 18 e 19 de xuño o Corpus Christi con variadas actuacións musicais.

A festa do Corpus Christi na Pobra do Brollón continuaron este domingo 19 de xuño logo de dous días anteriores onde se puido gozar de pasarrúas, a cargo de charangas como Nova Terra de Trives e Brabán.

Asemade, os presentes tamén tiveron oportunidade de asistir a pancetadas ou festas de tarde e noite amenizadas por conxuntos musicais como o Grupo Fama ou Kamelot.

Na xornada deste 19 de xuño, o público desfrutou de mañá doutro novo pasarrúas animado polo grupo de gaitas Brabán, así como tamén da festa ao anoitecer, á cal puxeron música, a partir das 21.00 da noite, os integrantes da Orquestra Pontevedra.