Skip to main content
Axenda RIBEIRASACRAXASober

Sober acolle hoxe un encontro de mulleres emprendedoras no rural

O acto terá lugar ás 12.00 horas na Fundación Belarmino Fernández.

O Encontro da Rede Internacional de Emprendemento e Solidaridade terá lugar mañá en Sober. O acto acontecerá ás 12.00 na Fundación Belarmino Fernández, baixo o lema: “Temos os fíos, tezamos o cambio!

Ao comezo, presentarase o proxecto “Enredadas en el camino” por Rafael Veiga, da Fundación Taller de Solidaridad. De seguido, procederase ao “intercambio de experiencias e saberes ao redor do emprendemento feminino no turismo e gastronomía rural”. Nesta parte da sesión, está previsto que interveñan diversas mulleres dedicadas a este ámbito.