Skip to main content
Sarria

Guadi Galego e De Vacas darán un concerto este venres en Sarria

Por 30 Xuño, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

Será o vindeiro venres 1 de xullo na praza da Vila ás 21.00 horas e a entrada será balde.

Dentro do ciclo Xacobeo no Interior este venres 1 de xullo presentarase Guadi Galego xunto a De Vacas ás 21.00 horas. A entrada será de balde.

A artista de Cedeira, Guadi Galego, iniciou a súa carreira sendo moi nova, como vocalista do emblemático grupo Berrogüeto no cal estivo ata chegado o ano 2008.

Entre os seus discos en solitario, atópanse títulos tan recoécibles como Lúas de outubro e agosto (2014), O mundo está parado (2016) ou Costuras (2020). 

Pola súa banda, De Vacas salienta por versionar ao galego xites mundiais como Amodiño ou El anillo pa´cuando. Asemade, a formación tamén destaca a súa porfía en “profundizan nas temáticas de corte social como é o caso da canción Esmegma ou a composición propia Tetas ao ar María del Mar”. 

Esta xira de concertos do Xacobeo andará por distintos lugares da xeografía galega. Desta forma, achegará a cultura ao público con actuacións como as de Leilía, ou Uxía e Javier Ruibal.