Skip to main content
O Incio

A Consellería do Medio Rural pon en valor o Plan estratéxico do castiñeiro

Desde a Xunta teñen intención de realizar este tipo de plantacións ata o ano 2025.

O Conselleiro de Medio Rural, José González, viaxou ata O Incio para conversar ao redor do Plan Estratéxico do Castiñeiro.  Teñen previstas 36 actuacións, englobadas en cinco eixes de intervención, “para xerar o maior valor engadido posible ao cultivo do castiñeiro”.

González sinalou que teñen programado ” plantar ata o ano 2025 unhas 3.500 hectáreas para froito e outras 2.000 ha para madeira”. Así mesmo, tamén indicou que agardaban restaurar 2.000 hectáreas de soutos, as cales “se sumarán ás máis de  49.000 coas que conta Galicia na actualidade”.

O investimento ronda os 22 millóns de euros e ten como meta incrementar a produción de madeira e froito no marco do Plan Forestal de Galicia, “co que avanzamos cara a neutralidade carbónica no ano 2040”, explicou o conselleiro.