Skip to main content
O Incio

Lucía Pérez e Eva Iglesias presentan unha nova versión de A Sementeira

Por 20 Xuño, 2022Xuño 22nd, 2022Sin comentarios

O tema e o videoclip de A Sementeira viron a luz conxuntamente ás 22.00 horas deste 19 de xuño.

As cantantes Lucía Pérez e Eva Veiga están de estrea con esta versión renovada de A Sementeira, que presentaron neste 19 de xuño a través de varias plataformas como Youtube.

A artista de O Incio, Lucía Pérez, nas horas previas ao lanzamento da canción, manifestou a través das súas redes sociais a ledicia e emoción polo pouquiño que quedaba para que o público tivese acceso ao seu novo traballo. Pola súa banda, Eva Iglesias expresou os seus nervios ante a saída deste proxecto e lembrou que se poderá ver e escoitar en moitas plataformas como  Spotify, Youtube ou Instagram.

A Sementeira foi un éxito popularizado polo emblemático grupo Fuxan os Ventos en 1978.