Skip to main content
O Incio

Gramola Gominola actuou para o alumnado do CEIP Ricardo Gasset do Incio

Para festexar a chegada do fin de curso curso os estudantes do Colexio Ricardo Gasset do Incio aproveitou para asistir ao concerto de Gramola Gominola 0 25 de xuño, que “fixo bailar e cantar aos nenos e nenas a ritmo de rock”.

Esta banda defínese a si mesma como ” de auténtico Rock&Roll en galego para público cativo”. Entre os seus integrantes, atópase  Paco Cerdeira, Paula Romero, Anxelo de Xermar  e Rodrigo Muñoz . O grupo creouse no 2015 e acadou o Premio Martin Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil. No seu haber posúe tres libros-CD no mercado publicados pola Editorial Galaxia.

Ao concerto tamén acudiron como invitados os cativos da  Casa Niño BuleBule do Incio.

Esta actividade foi subvencionada pola Anpa do CEIP Ricardo Gasset.