Skip to main content
Láncara

Láncara festexará o seu primeiro Festival de Maxia

Por 15 Xuño, 2022Xuño 16th, 2022Sin comentarios

A fin de semana de Láncara estará chea de actuacións abraiantes como as do Mago Rafa.

Láncara ábrelle a porta á maxia este sábado, 18 de xuño, co seu Primeiro Festival de Maxia que chega cargado de sorpresas e emocións. No primeiro día da xornada, está previsto que actúe Dani Polo na Taberna de Muro ás 20.30 horas. Ao día seguinte, entrará en escena o Mago Rafa, na Taberna de Cedrón, ao redor das 20.00 horas.

Mais a maxia non rematará aquí, pois proseguirá na fin de semana seguinte, 25 e 26 de xuño, con Robeto Lolo na Taberna de Armea, ás 20.3o horas, e co Mago Rafa a esa mesma hora tamén na Casa Benita de Láncara. Xa o día 26, o Polifuncional Campo da Feira da Pobra de San Xiao rematará os espectáculos cunha actuación conxunta e ben seguro que memorable de Dani Polo, Mago Rafa e Roberto Lolo.