Skip to main content
Láncara

Os campamentos de verán de Láncara abrirán en breve o seu prazo de inscrición

O Concello de Láncara informa de que en poucos días será posíbel inscribirse nos seus campantos de verán.

Proximamento será posíbel incribirse nos campamentos de verán de Láncara que durarán do 1 de xullo ao 26 de agosto deste ano 2022. A área de Cultura do Concello de Láncara organiza esta actividade sobre a cal se pode ter máis información consultando as bases en lancara.sedelectronica,gal ou acudindo ás oficinas do concello de 8.00 a 15.00 do mediodía.

As prazas do campamento serán limitadas polo que cómpre estar atentos para non perder esta morea de actividades lúdicas que se destinarán ao público infantil. O ano pasado esta inciativa dirixada a cativos con idades comprendidas entre os 4 e 10 anos tivo moi boa acollida, potenciando que o público infantil pasase unhas mañás entretidas mediante xogos que permitían o aprendizaxe xunto ao lecer.