Skip to main content
Láncara

Láncara celebrará a noite de San Xoán

Por 22 Xuño, 2022Xuño 23rd, 2022Sin comentarios

Este 23 de xuño, ás 21.30 horas, na área recreativa Manuel Fernández Arrojo de Láncara festexarase a noite máxica do ano con sardiñas, panceta, viño etc.

A troula entrará en Láncara con esta celebración que de non acompañar o tempo se mudará o seu lugar de encontro ata a escola de Láncara.

O evento está organizado pola Asociación Cultural Val de Láncara e os socios desta poderán gozar da xornada de maneira gratuíta. Pola contra, os non socios realizarán unha aportación económica de cinco euros.