Skip to main content
Paradela

A Biblioteca Municipal de Paradela organiza un obradoiro de ilustración

Por 9 Xuño, 2022Xuño 11th, 2022Sin comentarios

O vindeiro día 13 de xuño, ás 10.30 da mañá, o obradoiro de “As superheroínas do noso pobo” levarase a cabo nas instalación da biblioteca.

A Biblioteca Municipal de Paradela acaba de informar de que o próximo luns acollerá este obradoiro: ” As superheroínas do noso pobo”. Será impartido a partir das 10.30 por unha veciña da zona, Estefanía Padullés. O proxecto pertence ao programa  “Ler Conta Moito”. Con esta iniciativa preténdese que os cativos desenvolvan as pertinentes labores de documentación para coñecer “mulleres esquecidas en diferentes campos”. Asemade, poderán escoller e ser ilustradores “dunha muller que sexa achegada e mereza ser superheroína”.
Estefanía Padullés é bióloga, escritora e ilustradora. Recentemente,  publicou ¡Qué mal día, Gato Klops!, unha obra de literatura infantil que pode ser adquirida en galego, catalán e castelán.
A actividade está englobada no programa “Ler conta moito” da Consellería de Cultura, Educación e Universidade xunto ao Concello de Paradela.