Skip to main content
Paradela

A veciñanza de Paradela crea unha plataforma contra os macroeólicos

Por 14 Xuño, 2022Xuño 16th, 2022Sin comentarios

A veciñanza de Paradela vén de crear a plataforma chamada “Paradela di non aos macroeólicos” ante “a necesidade de facer fronte ás decisións de xestión do territorio que se están a realizar no Concello e co obxectivo de intentar frear a invasión eólica que estamos a sufrir”. explican.

“Cremos que para que exista un benestar social é de vital importancia ter en conta o interese
colectivo e non procurar o interese individual”, engaden dende a organización. Ademais, recordan que a experiencia previa da implantación dos anteriores parques eólicos, “deixa ver que a explotación do vento desta forma non é a máis axeitada para os habitantes nin para os negocios do noso Concello”.

Asemade, rematan por concluír que “como persoas que sentimos amor polo lugar no que vivimos, non podemos permanecer en silencio, é a necesidade e a dor o que nos fai unirnos e movernos para crear conciencia sobre isto”.
Deste xeito, propoñen o seguinte: “Agora co novo paradigma ambiental resulta interesante a opción das enerxías renovables, o que consideramos que é unha magnífica opción para mitigar o cambio climático. Pero a instalación dos parques eólicos non debera estar tan masificada para que teñan que poñelos na porta das nosas casas”.