Skip to main content
O Páramo

O Páramo abre o proceso de selección para contratar unha brigada contra incendios

Por 28 Xuño, 2022Xuño 30th, 2022Sin comentarios

A brigada contra incendios estará conformada por 5 persoas.

O Concello do Páramo convocou o seu pertinente proceso de selección de brigadistas, sendo este publicado como corresponde no BOP. Deste xeito, informou que a brigada contra incendios do Concello do Páramo estará formada por 5 persoas.

Así mesmo, esta disporá dos seguintes integrantes: un xefe, un conductor e tres peóns.

Todos os que desexen formar parte dela poderán presentar cadansúa solicitude no Concello do Páramo, concretamente no seu rexistro, entre as 9.00 da mañá e as 14.00 do mediodía, en horario de luns a venres. O prazo de solicitude é de 5 días hábiles, que comezan a contar dende este 28 de xuño.

Co gallo de previr os incendios forestais este proceso de selección de persoal basearase en dúas probas: unha será teórica e outra práctica, amais de sumar unha valoración de méritos.

Calquera que desexe consultar as bases poderá facelo nas oficinas municipais ou ben na sede eléctronica do Concello do Páramo.