Skip to main content
Samos

O pleno de Samos reclama á Xunta a supervisión da limpeza do Camiño Francés

Por 9 Xuño, 2022Xuño 16th, 2022Sin comentarios

O pleno acordou aprobar por unanimidade unha moción obra do concelleiro Xosé Real.

O pleno de Samos pide á Xunta de Galicia que preste atención ao estado de limpeza do Camiño Francés. Ademais, para favorecer o seu coidado, suxire a disposición de papeleiras e baños no entorno. A moción foi proposta por Xosé Real, concelleiro non adscrito.

Por outra banda, non logrou ser aprobada a moción do BNG co gallo de favorecer axudas para a obtención de libros de texto e demais material escolar entre as persoas con fillos escolarizados e empadroados na zona. Tampouco prosperou a moción do PP para arranxar a pista de Zoó e asinar un convenio coa SGAE, co fin de conseguir que nas festas samoenses no se teñan que pagalos dereitos de autor grazas a unha tarifa simplificada.

O rexedor, Julio Gallego, estivo ausente na sesión por mor da súa intervención en Jaca na asemblea xeral da Asociación de Municipios del Camino de Santiago. No seu lugar ficou o tenente alcalde, José Antonio García.