Skip to main content
Samos

Samos incorpora un segundo caixeiro tralo peche da última oficina bancaria en maio do 2021

Por 16 Xuño, 2022Xuño 18th, 2022Sin comentarios

Ante a falta de servizos, Abanca e Correos apostaron por instalar cadansúa máquina automática.

No mes de maio do ano pasado, o Concello de Samos, ao igual que moitas outras entidades do rural, quedou sen oficina bancaria, tralo peche da última. A nova caeu de sorpresa despois de que, dende a empresa, se puxera un cartel no que se indicaba que atenderían aos clientes en Sarria.

Así, a localidade tiña que utilizar os servizos bancarios na cabeza da comarca ou mesmo en Triacastela.

Tras catro meses de espera, Samos puido contar cun primeiro caixeiro, a través de Correos, que se instalou nas proximidades do Mosteiro. Foi esta localidade a escollida en toda a provincia de Lugo para este proxecto pioneiro do Estado para evitar a exclusión financieira.

Agora, meses máis tarde, conta cun novo servizo grazas a integrarse xunto a outros 29 concellos no protocolo de colaboración asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para facilitar o acceso aos servizos bancarios e financeiros nos concellos do ámbito rural.

A iniciativa consiste na instalación de caixeiros automáticos nos municipios, a prestación dun servizo de asistencia financeira que permita, de forma similar a unha oficina bancaria convencional, solucionar de forma presencial as dúbidas dos clientes: e a oferta de formación financeira e banca electrónica para adquirir nocións básicas e aprender a utilizar os servizos bancarios a través das novas tecnoloxías.