Skip to main content
Sarria

Poder feminino no C.B. Sarria

Por 1 Xuño, 2022Xuño 4th, 2022Sin comentarios

A fin de semana volveu a ser moi produtiva para os intereses do Club Baloncesto Sarria, que saldou con victoria todos os seus compromisos. Pero, ademais, os resultados dos equipos femininos permitiron ás preminis e as minis clasificarse para a Fase Final da Liga Galega que se vai a celebrar en A Estrada e as cadetes ter na súa man a posibilidade de acabar primeiras a Fase de Ascenso.

PREMINI FEMININO

A fin de semana empezou con inmellorables novas para o C.B. Sarria, que acollía o sábado no Pavillón do Chanto a terceira e última concentración do Grupo Norte A da categoría premini feminina.  As rapazas do María T. Martínez Dental non fallaron no seu primer compromiso as 10.30 horas ante o Baxi Ferrol, impoñéndose por 51-20. Coa clasificación para a Fase Final da Liga Galega que se vai celebrar a próxima fin de semana en A Estrada xa no bolsillo, as preminis do C.B. Sarria quiseron festexar a súa clasificación cun contundente triunfo ante o Galogrin (4-54).

MINI FEMININO

As minis do Cemento Cosmos, pola súa parte, lograron unha victoria de moito mérito no Pavillón de Navia, en Vigo, ante un sempre complicado rival como é o Academia Celta (58-72). O triunfo serviu para conseguir a segunda praza xa que o Basket Coruña non fallou no seu compromiso ante Salesianos Vigo (60-10). Un segundo posto que da acceso tamén á Fase Final da Liga Galega Mini, que vaise xogar igualmente este fin de semana en A Estrada.

CADETE FEMININO

As cadetes do Castro Agrasar C.B. Sarria lograron outra importantísima victoria pero xa na mañá do domingo ante o Basquet Coruña (65-59), que lles sirve para ocupar a primeira praza empatadas precisamente coas herculinas. Así, todo está por decidir na última xornada na que as cadetes de Sarria visitarán a cancha do Basquet Coruña, o domingo 5 de xuño ás 16.00 horas co primeiro posto e o ascenso en xogo.

CADETE MASCULINO

Nunha situación parecida atópase o Oral Design C.B. Sarria cadete, que gañou o domingo ás 16.30 horas no Pavillón do Chanto ao Basquet Coruña (71-65) para colocarse segundo na fase de ascenso. Unha praza que tentará manter igual que as rapazas en cancha herculina o próximo domingo pero as 10.00 horas.

SENIOR MASCULINO

Por último, o CB Sarria pechou o seu pleno de victorias da fin de semana co senior masculino, que, xa ascendido dende a pasada semana, venceu a domicilio ao Terra Cha (47-53) para finalizar invicto a fase de ascenso.