Skip to main content
Sarria

Sarria anuncia un verán cheo de actividades para todas as idades

Por 15 Xuño, 2022Xuño 18th, 2022Sin comentarios

 Sarria brindará a posibilidade de participar en cursos de natación ou ioga, entre outras moitas máis actividades.

A Concellería de Deportes presenta este campamento de actividades deportivas e culturais tan completo.

Os cursos de natación realizaranse  por quincenas e serán inciados o 4 de xullo e en distintos turnos. Asemade, haberá máis opcións como a de practicar ioga e ximnasia de mantemento ao aire libre. Os demandantes poderanse inscribir desde o 17 de xuño para os cursos e do 21 de xuño para os abonos na piscina climatizada.

Por outra banda, tamén se poñerá en marcha o campamento urbano “Aventura no Camiño 2.0”, onde a actividades xa realizadas no ano anterior, coma o  kaiak ou paddle surf, sendeirismo, sumaranse as que levarán a cabo na aula Cemit. Minecraft, robótica.  Todo estará destinado a cativas/os e mozas/os  de entre 5 e 17 anos e aquel que desexe inscribirse poderá facelo a partir de mañá por sede electrónica ou rexistro.