Skip to main content
Sarria

O cemiterio municipal de Sarria contará con 80 nichos máis

O Concello de Sarria investirá 89.995 euros nestas tarefas.

No cemiterio municipal de Sarria edificaranse 80 novos nichos. O Concello investirá unha contía de 89.995 euros nestas tarefas. Os nichos estarán estructurados en dous bloques. Amais, o proxecto tamén engade a posta en marcha dun almacén e a urbanización da zona.

O proxecto será financiado con fondos municipais. Así mesmo, o Concello tamén posúe a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, a cal é precisa por cuestión de atoparse o cemiterio nas carcanías do Camiño de Santiago.

Cada empresa ten de prazo ata o vindeiro 4 de xullo para propoñer candansúa oferta.