Skip to main content
Sarria

Óscar Puente abrirá o San Xoán de Sarria co seu pregón

Por 23 Xuño, 2022Xuño 24th, 2022Sin comentarios

O alcalde de Valladolid, Óscar Puente, con raíces en Sarria, é o encargado de inaugurar a noite máxica do ano.

O Concello de Sarria acollerá o pregón de Óscar Puente, alcalde de Valladolid con vencellos familiares en Sarria, o cal será este ano o encargado de inaugurar as festas do San Xoán na vila.

Óscar Puente é dende o ano 2015 alcalde de Valladolid, así como tamén Portavoz da Executiva Federal do PSOE dende xuño do ano 2016.

Esta primeira xornada está previsto que continúe coa actuación da Banda Municipal, de  Meigas Peleriños, así como tamén contará co desfile das Pampónigas na praza da Constitución. Xa ao solpor, ao redor das 21.30 horas, está organizada a pancetada e ás 22.30 entrarán en escena Eoas e Correfoc, Dimonis de la Plana.

Non ben, haberá que agardar ás 00.00 para celebrar a queimada e  fogueira que irán seguidas da actuación de Enigma.