Skip to main content
Sarria

Arrancou o San Xoán de Sarria

Por 24 Xuño, 2022Xuño 27th, 2022Sin comentarios

A festividade do San Xoán de Sarria regresou no solpor deste 23 de xuño.

A primeira xornada de celebración do San Xoán de Sarria comezou este 23 de xuño co pregón de Óscar Puente, alcalde de Valladolid con orixes na vila de Sarria.  Puente é dende o ano 2015 alcalde de Valladolid, ademais de Portavoz da Executiva Federal do PSOE dende o mes de xuño do 2016.

Seguidamente, o evento continuou coa actuación da Banda Municipal, de  Meigas Peleriños, así como tamén co desfile das Pampónigas na praza da Constitución. Xa ao anoitecer, ao redor das 21.30 horas, celebrouse a pancetada e ás 22.30 presentáronse Eoas e Correfoc, Dimonis de la Plana. Ás 00.00 festexouse a queimada con  fogueira e os asistentes tamén desfrutaron da actuación de Enigma.

Hoxe. 24 de xuño, está establecida de mañá a misa e a procesión. Asemade, na sesión vermú haberá de novo concerto da banda e da La Unión. Xa pola tarde, os diversos pasarrúas estarán animados por Louband, Gaiteiros Golán e Tambukada. Cando caia a noite, están fixadas as actuación de New York, ás 22.30 horas, e máis tarde da orquestra Olympus, que comezará o seu pase logo dos fogos de artificio.