Skip to main content
Sarria

O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria acada o 1º premio Xeración Eco

O centro estivo implicado ao longo do curso en promocionar actividades que favorecesen o coidado do medio ambiente.

Grazas ao traballo colaborativo de alumnado, profesorado e persoal de servizos o  instituto IES Xograr Afonso Gómez de Sarria vén de gañar o 1º Premio no concurso autonómico Xeración ECO.

De outubro a xuño, o centro participou nun reto mensual co obxectivo de promover a sostibilidade entre os membros da comunidade educativa. Eses retos foron valorados de forma moi positiva e o resultado final foi a obtención da mellor puntuación a nivel autonómico.

Este premio, valorado en 4.000 euros, consiste na dotación ao instituto de oito bicicletas para facer préstamos ao alumnado (catro de adulto e catro para rapaces e rapazas de 12 anos) e dun parking con dez plazas. Con elas o centro educativo seguirá a impulsar a mobilidade sostible entre os membros da comunidade educativa ao igual que fixo ao longo dos últimos cursos.

Entre as moitas iniciativas desenvolvidas estiveron a presentación de propostas mediambientais ante o Concello, análise da contaminación por microplásticos no río, realización de mosaicos con envoltorios de chuches, realización dun truco-trato nos recreos dando lambetadas a cambio de tapóns de plástico (que enviaron para colaborar nunha causa solidaria),
enquisas para promover o aforro de auga nos fogares, elaboración de xabón reciclando aceite caducado dun supermercado local, entre outras moitas máis. Ademais tamén promocionaron o  sendieirismo e recolleron lixo da natureza, así como non se esqueceron de realizar o  tradicional Concurso de Aulas limpas coa colaboración do persoal de limpeza do centro.

O IES Xograr Afonso xa fora premiado hai anos co distintivo Ecovaledor (Sogama) polas súas iniciativas sostibles e tamén obtivera un accésit nos premios Aproema (Asociación Profesional de Empresas Medioambientales de Galicia). Agora este premio no Concurso Xeración Eco recoñece o traballo desenvolto e mantido no tempo en prol do Medio Ambiente.