Skip to main content
Triacastela

Triacastela continúa coas clases de zumba

Por 30 Xuño, 2022Xullo 1st, 2022Sin comentarios

As clases de zumba continúan sendo ofertadas en Triacastela durante os meses de xullo e agosto deste verán do 2022.

As persoas que estean interesadas poden escoller entre  ” ir a clases soltas só un dos días ou todo o mes”. Asemade, para asistir a elas non se require que os alumnos sexan da localidade, podendo participar nelas peregrinos e visitantes.

As clases serán impartidas todos os martes de 21.oo horas a 22.00 da noite no polideportivo do Colexio. As persoas interesadas poden anotarse ou pedir información chamando ao 686 47 34 14.