Skip to main content
Axenda CaducadaComarca TERRACHÁXA

Esta fin de semana, festas en San Martín de Guillar e Loentia

Por 1 Xuño, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

Os lugares de San Martín de Guillar, Outeiro de Rei e Loentia, en Castro de Rei, celebran esta fin de semana as súas festas patronais.

Na primeira parroquia a celebración, na honra de San Antonio, terá a súa orixe o venres, día 3, cunha churrascada veciñal a partir das 21.00 horas. Para comer será necesario presentar o ticket. A sesión estará amenizada polo grupo Punto Clave.

O día 4 arrancará a programación ás 13.00 horas coa misa solemne seguida da sesión vermú que estará ao cargo de Los Españoles. Este mesmo grupo, xunto a Tania Veiras, serán os encargados da verbena na noite do sábado.

O domingo tamén haberá festa ata o mediodía. Comezarán coa misa ás 13.00 horas canda pola coral Músico Crisanto e haberá sesión vermú co dúo Eclipse.

En Loentia tamén haberá tres días de festa esta fin de semana. O venres 3 terá lugar a primeira verbena coa orquestra Marbella e a actuación de Verónica Gambón.

O sábado terán misa ás 14.00 horas e sesión co grupo Puzzle, que repetirá pola noite xunto á orquestra Gran Parada.

O domingo, despois da misa das 14.00 horas a sesión vermú estará ao cargo do grupo D’Nika.

A organización lembra que haberá carpa no campo da festa para protexer das inclemencias do tempo.