Skip to main content
Vilalba

O Vilalba FS convoca de novo o campus mixto

Por 10 Xuño, 2022Xullo 8th, 2022Sin comentarios

O Vilalba FS organiza este ano a terceira edición do Campus Mixto, que está convocado para celebrarse entre o 4 e o 8 de xullo.

Durante este campamento desenvolveranse actividades de fútbol sala, baloncesto, tenis e moitos outros deportes en xornada continuada de 9.30 a 19.30 horas con comida incluída. Ademais, inclúe visita á piscina, torneos e outras actividades lúdicas.

Este campus está dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 18 anos e os que desexen anotarse teñen aberto xa o prazo. Está organizado por Forma-T Vilalba FS e informará sobre o mesmo todos os martes, xoves e venres no pavillón municipal de Vilalba entre as 18.00 e as 21.00 horas. Tamén ofrecen información nos teléfonos 639 620 978, 647 917 259 e no 628 529 172; ademais de no correo vilalbafs@yahoo.es.

O campamento terá un prezo de 180 euros por neno e de 160 para os irmaos.