Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

Abre a inscrición para o Lago DVSport

Por 19 Xuño, 2022Sin comentarios

Unha vez finalizado o período de renovacións, co 92% dos xogadores que repiten, abriuse a quenda de inscrición para os xogadores que queiran realizar a súa alta como novo membro da familia Lago DVSport na tempada 2022/23. Estas novas altas iranse efectuando ata completar os equipos co máximo de prazas ofertadas para cada categoría de fútbol sala feminino e masculino, ademais da escola de porteiros e a academia de tecnificación.

O club oferta prazas en todas as categorías:

  • Biberón: anos de nacemento 2017,2018 e 2019.
  • Prebenxamín: anos de nacemento 2015 e 2016.
  • Benxamín: anos de nacemento 2013 e 2014.
  • Alevín: anos de nacemento 2011 e 2012.
  • Infantil: anos de nacemento 2009 e 2010.
  • Cadete: anos de nacemento 2007 e 2008.
  • Xuvenil: anos de nacemento 2004, 2005 e 2006.

Os interesados en inscribirse deberán poñerse en contacto co club no teléfono 679 371 472 ou no correo lagodvsport@gmail.com.