Skip to main content
Begonte

Imparten en Begonte un obradoiro de manexo do estrés e a ansiedade

Por 6 Xuño, 2022Xuño 13th, 2022Sin comentarios

O Concello de Begonte acollerá un obradoiro de manexo do estrés e a ansiedade dirixido á poboación en xeral, que terá lugar o luns 13 de xuño na casa da cultura local entre as 16.30 e as 19.00 horas.

Os obxectivos son aprender a xestionar as emocións, conseguir un manexo axeitado do estrés e da ansiedade e lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/o transición vital: enfermidade, dolor, etc.

Para participar será necesarioa unha inscrición previa antes do 8 de xuño a través do correo deportes@concellodebegonte.es, o whatsapp 619 455 026, o teléfono 982 396 143 ou presencialmente no Concello.

A formación estará ao cargo da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.