Skip to main content
Begonte

Begonte acollerá en xullo un novo campus de patinaxe

Por 12 Xuño, 2022Xullo 15th, 2022Sin comentarios

O Concello de Begonte celebrará no mes de xullo unha nova edición do campus de patinaxe coincidindo co tempo de lecer dos pequenos e para axudar na conciliación da vida familiar e laboral.

O campus terá lugar do 11 ao 15 de xullo en xornada de mañá, entre as 9.00 e as 14.00 horas, e está dirixido a rapaces e rapazas de 3 a 16 anos.

Terá un custe de 30 euros para o público en xeral e de 25 para os empadroados, escolarizados ou participantes nas escolas deportivas de Begonte.

Os interesados en participar deberán inscribirse previamente. O prazo para facelo abre este luns e pecha o 27 de xuño e poderá realizarse a través da sede electrónica do Concello.

Os interesados en obter máis información poden poñerse en contacto co Concello no teléfono 982 396 143.