Skip to main content
Axenda CaducadaBegonte

Begonte arranca cunha obra de teatro as súas festas de San Pedro

Por 28 Xuño, 2022Xullo 3rd, 2022Sin comentarios

Begonte celebrará esta fin de semana as súas festas patronais na honra de San Pedro, tras dous anos de parón pola covid. Festas nas que se recupera a programación habitual durante os tres días reservados pola organización.

Previamente ás festas, o día de San Pedro, o 29 de xuño, recupérase o teatro ao aire libre coa representación da obra O lazarillo do Miño, a cargo do grupo Pinchacarneiros.

Será ás 20.00 horas na praza Irmáns Souto Montenegro aberta para todos os públicos con entrada gratuíta.

Continuarán tamén o xoves, ás 22.00 horas cunha sesión de cine ao aire libre coa proxeción da película Unha moza prometedora que poderá verse, para maiores de 13 anos, no club fluvial de Begonte con entrada gratuíta.

Esta comedia negra sobre a violencia de xénero e o feminino fala de Cassie, que tiña un brillante futuro por diante ata que un desagradable incidente truncou a súa carreira. Agora nada na súa vida é o que parece: é intelixente, audaz e vive unha dobre vida de noite. Cassie ten a oportunidade de emendar todo o que non saíu ben no seu pasado… vingándose dos culpables.

FIN DE SEMANA

Por outra banda, a programación oficial das festas dará comezo este venres, 1 de xullo, cunha churrascada popular a partir das 21.30 horas amenizada polo grupo Unión y Fuerza.

O sábado a música estará ao cargo da orquestra Alianza que fará un pase en sesión vermú e outro pola noite, compartindo escenario con DJ Ello.

O domingo, será o dúo Eclipse o que se encargue do apartado musical en sesión vermú, xa que non está prevista verbena.

Por outra banda, haberá misa solemne ás 13.15 horas tanto o sábado como o domingo.