Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Viladonga organiza o I Encontro Internacional de Cestaría do Camiño

Por 14 Xuño, 2022Xullo 2nd, 2022Sin comentarios

O día 2 de xullo, no Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro terá lugar un encontro de cestería con artesanos e artesanas de distintos lugares. No cartel podedes consultar a relación de participantes.

Durante sete horas e media todas as persoas que se acheguen ao Cebreiro poderán observar o traballo de cestería con distintos materiais e técnicas, desde os traballos máis tradicionais aos máis artísticos.

Como remate do evento, terá lugar unha mesa redonda onde se debatirá sobre a artesanía como produto cultural e sobre os acatores do producto artesanal.

Para amenizar a reunión contaremos coa presenza de Lupe Blanco e Kike Estévez que improvisarán coas súas regueifas.