Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXA

As xuvenís do FSF Castro proclámanse campioas de España

Por 13 Xuño, 2022Xuño 15th, 2022Sin comentarios

O Castro FSF volveuno facer. Esta fin de semana o equipo xuvenil, que se proclamou campión galego durante o curso chegou á final do Campionato de España para facerse co título por un axustado 4-3 ante o Caldes na competición que se desenvolveu en Andalucía, na localidade malagueña de Frigiliana.

O equipo de Castro quedou exento de xogar os cuartos tralo sorteo polo que chegou á semifinal para enfrontarse ao Muslera, ao que derrotou implacable por 5-0. Máis dicífil foi de superar o rival da final pero ao final o título veu para a comarca.

Este non era o único equipo do Castro que participaba nos campionatos de España, xa que tamén acudiron á cita o cadete e o alevín, xa que ambos os dous tamén foron campións galegos.

O cadete caeu en cuartos na quenda de penaltis ante o César Augusta tras empatar o duelo 2-2.

Mellor fortuna tivo o alevín, que na fase de cuartos derrotou ao Alcorcón por 1-2 e posteriormente caeu en semifinais ate o Pavía por un apabullante 6-1.

Gran traballo para todos os equipos femininos do Castro que remataron unha tempada histórica.